Cenlle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cenlle
Situación
Situacion Cenlle.PNG
Xentilicio[1]: Cenllés (non oficial)
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Ribeiro
Poboación: 1.466 hab. (2008)
Área: 29,0 km²
Densidade: 50,55 hab./km²
Entidades de poboación: 10 parroquias
Capital do concello: Santa María de Cenlle
Política (2007)
Alcalde: Manuel García Montero (P.P.)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Cenlle
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 99,04 %
Sitio web oficial
www.concellodecenlle.com

Cenlle é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2008 tiña 1.466 habitantes (1.601 en 2003)

Evolución da poboación de Cenlle - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 4.047  5.115  5.334  2.342  1.575
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.
Piedade do cruceiro de Osmo.

Índice

[editar] Xeografía

Ocupa unha extensión de 29,2 km². Está situado entre o río Avia e o Miño xeograficamente é o reborde dos Chaos de Maside e Santo Amaro, que caen mais bruscamente cara ao Miño que non ao Avia.

O relevo é accidentado, pero carece de elevacións importantes, destacando:

  • Piñeiro (477 m).
  • A Corredoira (489 m).
  • Názara (415 m).
  • Monte de San Breixo e monte de San Trocado.

Bañan o termo pequenos arroios que desembocan nos ríos Arnoia e Miño, que limitan ao municipio polo oeste e polo leste, respectivamente.

[editar] Vías de comunicación

As principais vías de comunicación son:

  • Estrada N-120.
  • Autovía A-52.
  • 3 estradas locais.
  • A liña de ferrocarril Ourense - Vigo.

[editar] Economía

A viticultura, cunha variada gama de especies continúa sendo a actividade agrícola mais extendida, ocupando o 93,47 % das terras labradas. Sendo o concello do ribeiro coa maior porcentaxe de terra cultivada dedicada o cultivo da vide.

Dada a topografía irregular, o cultivo realízase frecuentemente en bancadas, sendo o tamaño das propiedades pequeno.

As variedades cultivadas son as seguintes:

  • Blancas: Albariño, Treixadura, Xerez (Palomino), Caiño Blanco, Catalán Blanco, Godello,Loureiro o Marqués, Torrantes, Albilla....
  • Tintas: Caiño Mouro, Tinta femia, Alicante, Gran negro, Souson o Ferran, Garnacha, Mencia, Catalán Roxo, Folla redonda, Jazquez, Brancellao...

Os viños tintos teñen moita capa e bastante corpo, uns 11 graos de alcohol e característico sabor ácido. Os brancos teñen entre 11 e 12 graos e menor acidez. Todos eles son moi suaves e dixestivos.

Fóra do sector primario apenas existen iniciativas empresariais destacadas, aínda que o moderno Balneario de Laias é un sinal dun posible florecemento de servizos turísticos.

[editar] Prehistoria

No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense consérvanse bifaces de cuarcita, con ampla reserva de corteza atopados neste concello.

Outro achado nunha carballeira deste termo aportou un acocho de 5 ou 6 machados de talón con aneis. Un diles, de dous aneis e mide 244x50 mm, foi regalado ao Museo Arqueolóxico de Ourense por Don Maximino Alvarez, alcalde que foi de O Carballiño

[editar] Historia

En primeiro lugar compre destacar o testimonio do Bispo Hidacio no seu Cronicón rematao situando ó achado no río Miño, a 5 millas de Laias, de catro peixes de ouro por parte duns pescadores, que interpreta coma un mal presaxio.

Cenlle sitúase na histórica Terra de Castela, xa coñecida con este nome dende o século IX.

As primeiras referencias escritas sobre Cenlle remóntanse a un documento do ano 1238, no que o Deán da Catedral de Ourense afora a Abril Eáns varias propiedades, entre as que se atopaba unha seara cerca da Torre (In Cauto de Ceeli), obrigándose a entregar a mitade do viño e un terzo do centeo que recollera nesa seara.

Outros documentos recollen relacións forais entre as xentes de Cenlle e, principalmente o Cabido da Catedral de Ourense ou o Mosteiro de San Clodio.

Os tres documentos mais antigos conservados están redactados en latín e datan de 1191, 1238 e 1258 (no que tiña que entregar un terzo de tódolos froitos) e os catro seguintes no tempo en galego nos anos 1286, 1289 e 1421 (nel obrigábase a entregar unha cuarta parte de tódolos froitos e un quinto do viño).

En xullo de 1836 os seus veciños, xunto cos de Regadas acuden na axuda da parroquia de Beade repelendo o ataque das tropas carlistas dirixidas por Guillade e Pobadura.

[editar] Patrimonio histórico e artístico

Moitos pazos e igrexas son testemuña da importancia económica do Ribeiro nos séculos pasados. Destacan polo seu estado de conservación:

Igrexas:

Pazos:

Cruceiros:

  • Cruceiro de Ánimas e Cruceiro da Procesión de Santa María de Cenlle.
  • Cruceiro de San Miguel de Osmo.
  • Cruceiro de San Lourenzo da Pena.

Petos de ánimas:

  • Peto de ánimas de Santa María de Cenlle.

Castros:

Outros:

  • Xacemento de explotación aurífera galaico-romano de Laias

[editar] Persoeiros de Cenlle

[editar] Lugares de Cenlle

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cenlle vexa: Lugares de Cenlle.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cenlle.

[editar] Parroquias

As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Navegación
Caixa de ferramentas
Outras linguas

901 Gry Nintendo Wii Soul Akcesoria do alkoholu Pojemniki kuchenne Znaki informacyjne/ostrzegawcze