Comarca do Ribeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro localízase no curso medio do río Miño, que a percorre de norleste a suroeste, e débelle o nome ao viño do Ribeiro. Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 19.655 habitantes (2007), e pertencen a ela os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.

Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

O clima é de transición oceánico-mediterráneo, propicio para o cultivo do viñedo.

[editar] O Ribeiro na cultura popular galega

  • O Ribeiro é moi alegre/ polo tempo da vendima,/ que o veñen facer alegre/ as nenas de aló d’arriba.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Ribeiro
Ferramentas persoais
Navegación
Caixa de ferramentas
Outras linguas

901 Mini i mikro wieże Przenośne radiomagnetofony CD Suszarki do włosów Gry planszowe i karciane Deskorolki i mountainboard