Manancial
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un manancial é unha fonte natural de auga que xurde da terra ou entre as rochas. Pode ser permanente ou temporal. Orixínase na filtración de auga de chuvia que penetra nunha área e emerxe noutra, de menor altitude, onde a auga non está confinada nun conduto impermeábel. Os mananciais adoitan ser abundates en relevos cársticos. Os cursos subterráneos ás veces quéntanse polo contacto con rochas ígneas e afloran como augas termais.