|
|
|
Vigo (tamén coñecida como A Cidade Olívica) é a cidade máis poboada de Galicia, e a cidade sen rango de capital con máis poboación de España. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo na provincia de Pontevedra. Historicamente, pertenceu á comarca de Val do Fragoso, aínda que actualmente constitúe o núcleo da comarca de Vigo. É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome, ao nordeste co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos de Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña.
A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o decimocuarto concello de España cunha poboación de 297.332 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2009, distribuídos en 141.720 homes e 155.612 mulleres. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.688 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.
|
|
|
|
Haumea, designado provisionalmente coma (136108) Haumea, é un planeta anano do cinto de Kuiper. A súa masa estimada é dun terzo da masa de Plutón. Foi descuberto no 2004 polo equipo liderado por Mike Brown do Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) no Observatorio de Palomar nos Estados Unidos e, no 2005, por un equipo encabezado por José Luis Ortiz Moreno no Observatorio de Sierra Nevada en España, aínda que este reclamo foi posto en dúbida por Brown. O 17 de setembro do 2008, foi aceptado coma planeta anano pola Unión Astronómica Internacional (UAI) e designou o obxecto co nome de Haumea, a deusa hawaiana da fertilidade.
Parece ser moi alargado, o que o fai único entre os obxectos transneptunianos (TNOs). Aínda que a súa forma non puido ser directamente observada, cálculos da súa curva de luz indican que é elipsoidal, co eixo maior dúas veces máis grande có seu eixo menor. Porén, a súa gravidade é o suficientemente grande para deixalo en equilibrio hidrostático, o que o fai entrar na definición de planeta anano. A súa forma elipsoidal, coa súa inusualmente rápida rotación, alta densidade, e gran albedo (provinte dunha superficie cristalina de xeo), dan a teoría resultante de que Haumea é o resultado dunha gran colisión.
|
|
|
-
- un iceberg denominado "B-15A" atópase á deriva preto da Antártida; o iceberg ten 120 kms de longo e unha superficie de 2.500 quilómetros cadrados.
|
|
|
|
|
|
 Índice de categorías
|
|
|
|