Suevos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Suevos.
Os suevos (lat. suebi ou suevi; alemán Sueben ou Sweben) foron un conxunto de pobos xermánicos orixinarios do norte de Europa. O seu asentamento primitivo atópase na zona do mar Báltico, chamado polos romanos Mare Suebicum. Tácito menciónaos, aínda que chama suevos a tódolos pobos xermánicos do leste.
Nas súas migracións, os suevos dirixíronse cara o sur e o oeste, quedando un tempo na área da Alemaña moderna. Aínda existe unha rexión alemá chamada Suabia (Schwaben) que vén equivaler ao antigo reino de Württemberg no moderno estado de Baden-Württemberg e a zona sudoccidental de Baviera, con centro en Ulm. Nesta época, varias tribos separáronse do grupo central dos suevos para formar os alamáns, de onde, a través do francés, nos chega o nome de Alemaña.
Os primeiros contactos coñecidos entre os suevos e os romanos datan do século I a.C., na Guerra das Galias Ariovisto enfrontouse con César, e posteriormente estableceron relacións comerciais que se traduciron nunha certa romanización.
O 31 de decembro do 406 os suevos xunto a alanos e vándalos atravesaron o limes que separaba os pobos xermánicos do Imperio Romano, non está clara a razón para traspasar o límite, pero probablemente a presión demográfica unida ós problemas internos que viña atravesando o Imperio, aumentado coa falta de soldados que vixiasen a fronteira cos que contaba Estilicón, o encargado de defender o imperio dos xermanos e á desconfianza que deste tiña o emperador Honorio.
Tras permanecer un tempo na Galia, os suevos establecéronse na Gallaecia cara o ano 409. Debido ao seu escaso número (entre as vinte mil e as trinta e cinco mil persoas) estiveron agrupados. O seu réxime de goberno era a monarquía. Os reis suevos esténdense desde Hermerico no ano 409 ata Andeca, que no ano 585 foi derrotado polo rei visigodo Leovixildo.
Índice |
[editar] Reis suevos de Gallaecia
- Artigo principal: Lista de reis suevos.
- Hermerico (409-438).
- Requila (438-448).
- Requiario (448-456).
- Aguiulfo (456-457), no sur.
- Franta (456-457), no norte.
- Maldras (457-459), no sur, e no norte despois da morte de Framta.
- Requimundo (459-463), no norte.
- Frumario (459-463), no sur, oposeio a Remismundo.
- Remismundo (459-469), no sur, oposto a Frumar; gobernou todo o reino dende o 463.
- Período escuro (469-550), durante este tempo só é coñecido un rei: Teodemundo.
- Carriarico (550-559).
- Teodomiro (559-570).
- Miro (570-583).
- Eurico (583-584).
- Andeca (584-585), deposto e recluído nun mosteiro por Leovixildo.
- Malarico (585-586), oposto a Leovixildo e derrotado.
Os visigodos conquistaron aos suevos no 585.
[editar] Galería de imaxes
|
Extensión do reino de Galicia e dos dominios das faccións suevas durante a Guerra Civil de mediados do século V. |
