Wikipedia:Benvidos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
Recibe a nosa benvida á Wikipedia... |
|
|
Benvido á Galipedia, a Wikipedia en galego! Estamos encantados de que queiras axudar mellorar e desenvolver a Wikipedia, e esperamos que te divirtas participando nesta comunidade. Como novo usuario poida que ao primeiro non sexa de todo doado... pero non te preocupes, irase volvendo máis fácil a medida que avances, e se tes problemas, sempre haberá outros wikipedistas dispostos a botarche unha man. A continuación, nesta páxina e en moitas outras atoparás consellos e axuda que te servirán para comezar a dar os primeiros pasos. Boa sorte e pásao ben! O primeiro que debes saber é que a Wikipedia é unha enciclopedia en continua actualización, escrita grazas á colaboración dos seus lectores. Este sitio web, ademais, é un wiki; iso significa que calquera se pode converter en editor, e mellorar ou crear calquera artigo.
|