Wikipedia:Efemérides destacadas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Efemérides destacadas é unha sección da Portada onde se mostran algúns acontecementos históricos importantes seleccionados de entre as efemérides dos 366 días do ano. Pode modificar e mellorar as efemérides destacadas sempre que siga a guía de estilo que aparece nesta mesma páxina.
Índice |
Efemérides destacadas de hoxe
|
Efemérides destacadas dos próximos días
Mañá será o 20 de marzo de 2010
- 1727, morre Isaac Newton, científico británico.
- 1997, a Audiencia Nacional condena o ex-presidente de Banesto, Mario Conde, a seis anos de cárcere, imponlle unha multa de 18 millóns de pesetas e ordénalle restituír ao banco 600 millóns, en relación co "caso Argentia Trust".
- 2003, EE.UU. esixe a 200 empresas galegas ter plans contra o bioterrorismo.
- 2005, o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro comeza a visitar algunhas zonas para avaliar os danos ocasionados polos incendios provocados na tempada pasada.
- 2006, entréganse en España os Premios Max das Artes Escénicas.
Pasadomañá será o 21 de marzo de 2010
- 1926, nace José Antonio Valverde, biólogo e mestre español.
- 1980, nace Ronaldinho, futbolista brasileiro
- 1994, A película A lista de Schindler, de Steven Spielberg, logra sete Oscar e Belle Epoque, do español Fernando Trueba, é galardoada como mellor película en lingua non inglesa.
- 1997, morre Fritz Spielmann, compositor e pianista austríaco.
Queres axudar?
Apetéceche colaborar connosco nas efemérides? Estás no lugar indicado. Actualmente as efemérides dos 366 días do ano xa están creadas; aínda así non desesperes, pódesnos axudar igualmente! Para iso só tes que elixir o día que queiras e ampliar os acontecementos que xa aparezan cos eventos que desexes, sempre e cando comprobes e esteas seguro de que corresponden a ese día; do contrario, estes serán eliminados. Toda a axuda sempre é benvida, sempre e cando sigas a guía de estilo que vén aquí embaixo, a continuación.
Guía de estilo
Cada día ten moitas efemérides e non caben todas na Portada; por iso é preciso seguir unhas directrices á hora da súa escolla:
- As efemérides seleccionadas deberan ser entre 4 ou 6.
- As efemérides deben estar redactadas en tempo presente.
- As efemérides deberán estar en orde cronolóxica: das máis antigas ás máis recentes.
- As efemérides seleccionadas seguen unha orde de preferencia que se debe cumprir sempre que sexa posíbel:
-
-
- Datas importantes para Galiza: Día Nacional de Galicia, Día de aprobación do estatuto de autonomía.
- Datas significativas para o galego: Día das letras galegas, publicación por primeira vez da revista A Nosa Terra.
- Datas importantes de persoeiros galegos: Morte de Castelao, fusilamento de Alexandre Bóveda.
- Datas importantes para España: Día do comezo da Guerra Civil, referendo da Constitución española de 1978.
- Datas significativas en xeral: Día da Paz, invención da imprenta.
-
Outros aspectos
Estes son outros aspectos a ter en conta na relización da efemérides da Portada:
- Sería bo que as efemérides levasen unha imaxe ilustrativa que estivese relacionada cun dos eventos que se citan (mellor que sexa un evento que o nacemento/morte de alguén). Para colocar a foto hai que usar o seguinte código:
<div style="float:left; margin-right:1.5em;">[[Ficheiro:TÍTULO DA IMAXE|left|100px|thumb|DESCRICIÓN MOI BREVE.]]</div>-
-
- NOTA: O tamaño das imaxes pode agrandarse debido a que algunhas se ven mal con 100 píxeles (100px).
-
Listaxe de efemérides destacadas
A continuación móstrase unha listaxe das efemérides destacadas de todos os meses e, detalladas, as do actual mes de marzo:
1 de marzo (ver • editar)
- 1445, nace Sandro Botticelli, pintor italiano.
- 1810, nace Frédéric Chopin, compositor clásico polonés.
- 1896, Henri Becquerel descobre a radioactividade.
- 2006, a wikipedia inglesa acada un millón de artigos.
- 2009, morre Pepe Rubianes, actor de orixe galega.
2 de marzo (ver • editar)
- 1919, creáse en Rusia a Primeira Internacional Comunista.
- 1930, morre D. H. Lawrence, escritor inglés.
- 1931, nace Mikhail Gorbachev, político da Unión Soviética.
- 1956, independencia de Marrocos.
3 de marzo (ver • editar)
- 1703, morre Robert Hooke, científico inglés, descobridor das leis físicas da elasticidade.
- 1847, nace Alexander Graham Bell, inventor escocés.
- 1878, Bulgaria sepárase do Imperio Otomano.
- 1918, Rusia, Austria e Alemaña asinan o Tratado de Brest-Litovsk, que marca a saída da Rusia da Primeira Guerra Mundial.
- 2005, morre Marinus Michels, adestrador e seleccionador de fútbol holandés.
4 de marzo (ver • editar)
- 1606, a Corte española volve a Madrid, tras estar un tempo en Valladolid.
- 1812, celébrase o primeiro sorteo da lotaría instituída polas Cortes de Cádiz.
- 1860, Abraham Lincoln é elixido presidente dos EE.UU.
- 1861, España acepta o ofrecemento da que foi colonia de Santo Domingo para reincorporarse á Monarquía. A anexión durou 4 anos.
- 1889, nace Francisco Asorey, escultor galego.
- 1904, un violento tremor de terra en Perú ocasiona miles de vítimas.
- 1923, nunha solemne sesión celebrada na Real Academia de Ciencias de Madrid, Afonso XIII entrega o título de académico correspondente ao físico alemán Albert Einstein.
5 de marzo (ver • editar)
- 1888, nace Ramón Otero Pedrayo, escritor e intelectual galego.
- 1926, nace Maria Schell, actriz suíza.
- 1927, bótase en Cádiz do Juan Sebastián Elcano, buque-escola da mariña de guerra española.
- 1936, morre Antón Vilar Ponte, fundador das Irmandades da Fala.
- 1942, nace Felipe González, ex-presidente do goberno de España.
- 1946, Churchill fala da "guerra fría" e o "telón de aceiro" nun discurso pronunciado en Fulton (EEUU).
- 1953, morre Josef Stalin, máximo dirixente soviético.
6 de marzo (ver • editar)
- 1934, por primeira vez na historia, o Partido Laborista de Gran Bretaña gaña as eleccións xerais.
- 1937, nace Valentina Tereshkova, primeira muller cosmonauta da historia.
- 1946, Francia recoñece a Vietnam como Estado libre dentro da Comunidade Francesa.
- 1980, a escritora Marguerite Yourcenar convértese na primeira muller elixida membro da Academia Francesa.
- 1995, a petición do Goberno español, o Comité Monetario da Unión Europea devalúa a peseta un 7% para evitar que os mercados a expulsen do SME.
- 1999, o director de cine español Pedro Almodóvar recibe en París un César honorífico pola súa carreira cinematográfica.
7 de marzo (ver • editar)
- 1908, morre Manuel Curros Enríquez, escritor galego.
- 1914, publícase o derradeiro número de El Barbero Municipal, semanario editado en Rianxo.
- 1938, Guerra civil española: Afundimento do cruceiro "Baleares", no que morreron 788 homes.
- 1966, o ministro Manuel Fraga báñase na praia de Palomares (Almería), ante o temor popular á radioactividade dunha Bomba H estadounidense perdida no mar por un accidente aéreo.
- 1996, constitúese o primeiro parlamento palestino elixido democraticamente, integrado por 88 deputados.
- 1999, morre Stanley Kubrick, cineasta (n. 1928).
8 de marzo (ver • editar)
- 1908, morren 129 mulleres no incendio dunha fábrica téxtil de Nova York na que estaban encerradas para reclamar a igualdade de dereitos laborais cos homes. Ese feito deu orixe ao Día da Muller Traballadora.
- 1917, morre na Coruña Eduardo Pondal, poeta galego.
- 1926, nace Francisco Rabal, actor español.
- 1933, estrea do drama Bodas de sangue, de Federico García Lorca, no teatro Beatriz de Madrid.
- 1985, morren 96 persoas no barrio chiíta de Beirut, ao estourar un coche-bomba a carón dun cine e unha mesquita chea de fieis.
- 2003, creáse a Galipedia, a wikipedia en galego.
9 de marzo (ver • editar)
- 1678, réndese a cidade de Gante, defendida heroicamente por 500 españois fronte a 40.000 franceses, durante unha gran ofensiva dos exércitos de Luís XIV de Francia na guerra para diminuír a potencialidade de España en Europa.
- 1695, nace en Vilafranca do Bierzo Frei Martiño Sarmiento, considerado un dos pais da lingüística galega. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.
- 1851, morre Hans Christian Ørsted, físico dinamarqués (n. 1777).
- 1980, o PNV gaña as eleccions o Parlamento vasco.
- 1994, morre nos Ánxeles Charles Bukowski, escritor e poeta estadounidense (n. 1920).
- 1994, morre Fernando Rey, actor español nacido na Coruña. (n. 1917)
- 2006, Aníbal Cavaco Silva toma posesión como presidente de Portugal.
10 de marzo (ver • editar)
- 1729, comeza a edificación da Praza Maior de Salamanca.
- 1905, comeza a batalla de Mukden entre xaponeses e rusos, que durou 15 días e foi gañada polos primeiros, con elevadas mortes para ambas partes.
- 1928, nace Sara Montiel, cantante e actriz de cine española.
- 1938, Guerra civil española: o corpo de exército marroquí toma Belchite (Zaragoza).
- 1944, publícase en Bos Aires Sempre en Galiza, libro de ensaio político escrito por Castelao, considerado a obra canónica do nacionalismo galego.
- 1958, nace Sharon Stone, actriz estadounidense.
- 1994, Nelson Mandela xura o cargo de presidente de Sudáfrica diante dunha eufórica multitude, e termina definitivamente coa era do apartheid.
Hoxe é o Día da Clase Obreira Galega.
11 de marzo (ver • editar)
- 1955, nace Nina Hagen, cantante alemá.
- 1960, da estación de Cabo Cañaveral parte o foguete coa sonda Pioneer V co obxectivo de chegar a Venus en catro meses.
- 1977, o Goberno español, presidido por Adolfo Suárez, aproba unha amnistía total.
- 1993, morre Jesús Bal y Gay, compositor e musicólogo lucense.
- 1999, Xoán Paulo II intenta que a Igrexa e o Islam busquen puntos de encontro en Roma.
- 2004, un grupo terrorista realiza en Madrid a maior matanza terrorista perpetuada en España, que custa a vida a 191 persoas e deixa tras de si a polo menos 1.800 feridos en catro atentados en trens de cercanías.
12 de marzo (ver • editar)
- 1815, Fernando VII crea en España o primeiro Ministerio de Policía e Seguridade Pública.
- 1919, nace Miguel Gila, humorista español.
- 1930, Mahatma Gandhi comeza a marcha do sal.
- 1939, namentres Finlandia capitula ante a URSS, no sur de Europa ten lugar a subida o solio pontificio do Papa Pío XII.
- 1992, unha folga xeral, xunto cunha manifestación de máis de 40.000 persoas en Santander, coma protesta polo deterioro do sector industrial en Cantabria.
- 2000, o papa Xoán Paulo II pide perdón polos pecados da Igrexa Católica nos seus 2.000 anos de historia, durante un rito litúrxico clave do Xubileo.
- 2009, morre Miguel Delibes, novelista e xornalista español, membro tamén da Real Academia Española.
13 de marzo (ver • editar)
- 1604, un incendio destrúe parte do palacio de El Pardo (Madrid), perdéndose un gran número de obras de arte.
- 1781, William Herschel descubre Urano, o sétimo planeta do Sistema Solar.
- 1869, nace na Coruña, Ramón Menéndez Pidal, filólogo e historiador.
- 1900, as Cortes Españolas aproban unha lei que regula o traballo das mulleres e dos nenos.
- 1918, revolta veciñal contra os excesivos impostos en Feira do Trece (Narón), que remata con seis mortos.
- 1999, tras 14 anos de escisión, o PNV e o Eusko Alkartasuna volven concurrir en coalición aos comicios municipais e forais.
14 de marzo (ver • editar)
- 1519, Hernán Cortés desembarca nas costas do Golfo de México con 700 homes para emprender a conquista do país.
- 1815, Napoleón Bonaparte escapa da illa de Elba; o xeneral Ney, que tiña que detelo, ponse a suas órdes e recibe o mando do Segundo Corpo do Exército.
- 1918, o goberno soviético ruso establece a sua sede en Moscova e instálase no Kremlin.
- 1963, nace Pedro Duque, astronauta español.
- 1980, morre dun accidente de avión Félix Rodríguez de la Fuente, naturalista español.
- 1989, o Líbano vive unha das xornadas máis sanguentas da súa guerra civil, con máis de 50 mortos e uns 150 feridos.
- 2003, o Goberno Vasco leva a Lei de Partidos ao Tribunal de Dereitos Humanos perante o que considera un ataque contra o goberno central.
15 de marzo (ver • editar)
- 44 a.C., Xulio César é asasinado en pleno Senado Romano.
- 1839, Venezuela e Gran Bretaña asinan un tratado sobre a abolición do tráfico de escravos.
- 1872, Antonio Gaudí obten o título de arquitecto.
- 1939, Segunda Guerra Mundial:os alemáns ocupan Praga sen apenas resistencia: Checoslovaquia convértese no "protectorado alemán" de Bohemia e Moravia.
- 1990, o Vaticano e a URSS establecen relacions oficiais permanentes tras 73 anos sen elas.
- 1999, os ministros de Facenda da Unión Europea instan a Rodrigo Rato a reformar o sistema de pensions en España.
- 2003, Rusia anuncia que devolverá a Alemaña 362 debuxos de xenios da pintura como Goya e Van Gogh.
16 de marzo (ver • editar)
- 1930, morre Miguel Primo de Rivera, ex presidente do Goberno español.
- 1968, Guerra do Vietnam: Tropas estadounidenses matan a 109 vietnamitas, a maioría mulleres e nenos, na aldea de My Lai.
- 1970, nace Rafael Pascual, xogador español de voleibol.
- 1987, o Senado español celebra o 175 aniversario da Constitución de Cádiz de 1812.
- 1994, España é, a nesta data, o país europeo máis afectado pola SIDA, con 22.655 casos acumulados dende 1981.
- 2005, morre en Sumatra un mergullador ferrolán namentres revisaba o buque «Galicia». Por outra parte, AENA anuncia 72 millóns de euros para os tres aeroportos galegos.
17 de marzo (ver • editar)
- 1813, durante a Guerra da Independencia española o rei José Bonaparte, irmán de Napoleón, sae de Madrid para non voltar.
- 1969, morre Daniel Vázquez Díaz, pintor español.
- 2001, o BNG de Meaño acusa o alcalde de tolerar irregularidades urbanísticas co fin de conseguir o voto dos veciños.
- 2001, o alto tribunal galego revoga unha sentencia na prol da anulación do convenio urbanístico sobre Massó de Bueu.
- 2005, o xuíz galego Manuel Ángel Pereira coordina desde Caldas o arresto de máis de 500 persoas en 12 países nun golpe mundial contra o pornografía infantil.
- 2005, o director xeral de Conservación da Natureza, Javier Ruiz de Almirón, recoñece prácticas «abusivas» no emprego de máquinas para a limpeza de roquedais na costa afectada pola marea negra do Prestige.
18 de marzo (ver • editar)
- 1944, Segunda Guerra Mundial: a RAF lanza 3.000 toneladas de bombas sobre Frankfurt.
- 1949, nace Rodrigo Rato, ex-vicepresidente do Goberno español e ministro de Economía.
- 1988, declaración soviético-iugoslava ao rematar a visita do dirixente Mijail Gorbachov ao país balcánico, na que se considera superado o conflito de Stalin con Tito de 1948.
- 1992, morre Antonio Molina, cantante español.
- 2000, os líderes da secta relixiosa "Restauración dos Dez Mandamentos de Deus" encerra e queima vivos a 985 dos seus seguidores nunha igrexa de Kanunga, Uganda.
- 2003, en Chile procésanse a catro militares e un civil polas matanzas dos campesiños de 1973.
19 de marzo (ver • editar)
- 1943, nace José Legrá, ex boxeador cubano de nacionalidade española.
- 1992, Guatemala e a CE asinan un convenio para desenvolver as telecomunicacións en Centroamérica e asegurar unha mellor interconexión desde Panamá ata México.
- 1999, morre José Agustín Goytisolo, poeta español.
- 2005, case 20.000 manifestantes maniféstanse en Pontevedra a favor de que a factoría papeleira de Ence non sexa desmantelada.
-
- un iceberg denominado "B-15A" atópase á deriva preto da Antártida; o iceberg ten 120 kms de longo e unha superficie de 2.500 quilómetros cadrados.
20 de marzo (ver • editar)
- 1727, morre Isaac Newton, científico británico.
- 1997, a Audiencia Nacional condena o ex-presidente de Banesto, Mario Conde, a seis anos de cárcere, imponlle unha multa de 18 millóns de pesetas e ordénalle restituír ao banco 600 millóns, en relación co "caso Argentia Trust".
- 2003, EE.UU. esixe a 200 empresas galegas ter plans contra o bioterrorismo.
- 2005, o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro comeza a visitar algunhas zonas para avaliar os danos ocasionados polos incendios provocados na tempada pasada.
- 2006, entréganse en España os Premios Max das Artes Escénicas.
21 de marzo (ver • editar)
- 1926, nace José Antonio Valverde, biólogo e mestre español.
- 1980, nace Ronaldinho, futbolista brasileiro
- 1994, A película A lista de Schindler, de Steven Spielberg, logra sete Oscar e Belle Epoque, do español Fernando Trueba, é galardoada como mellor película en lingua non inglesa.
- 1997, morre Fritz Spielmann, compositor e pianista austríaco.
Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial
22 de marzo (ver • editar)
- 1863, morre Nicomedes Pastor Díaz, político e escritor galego (n. 1811).
- 1960, nace Julián Gorospe, ciclista español.
- 1986, un grupo de membros do INTG deixa este comité para constitui-lo Colectivo Comunista.
- 1992, morre Antón Avilés de Taramancos, poeta galego (n. 1935)
- 1994, morre Walter Lantz, debuxante estadounidense, creador do "Pájaro Loco".
- 2001, o encoro de Portodemouros acolle a Copa do Rei de remo.
- 2003, a Coordinadora Galega pola Paz convoca manifestacións de rexeitamento á guerra de Iraq.
23 de marzo (ver • editar)
- 1963, nace Amparo Larrañaga, actriz española.
- 1992, preséntase o novo tren de alta velocidade (AVE), que percorre 317 km, dende Madrid a Ademuz (Córdoba), e alcanza unha velocidade de 300 km/h.
- 1994, morre Álvaro del Portillo, prelado do Opus Dei.
- 2003, o PSOE abandona o pleno de Viveiro ante a negativa do PP a debati-las mocións contra as accións bélicas a causa da Guerra de Iraq.
-
- a piscina climatizada da AGS (Academia Galega de Seguridade), na Estrada, acada unha media de 250 usuarios o día.
- 2005, en Ferrol inaugúrase a oitava edición de Equiocio, feira do cabalo que conta superar os 40.000 visitantes.
-
- un documento urbanístico que dá visto bo a novas construcións en Teis provoca unha marcha para intentar paraliza-lo PXOM (Plan Xeral de Ordeación Municipal).
24 de marzo (ver • editar)
- 1956, nace Silvia Munt, actriz española.
- 1987, a folga xeral convocada por CC.OO. paraliza a actividade laboral en Asturias.
- 1993, morre Julián Ajuriaguerra, pediatra e neuropsicólogo español.
- 1997, a película "El paciente inglés" de Samuel Zaentz, vencedora da 69 edición dos Oscar de Hollywood, con nove galardons.
- 2001, a Xunta de Galicia prepara un informe que vai permitir o acondicionamente da estrada Silleda a Laro, que terá especial repercusión nos concellos de Lalín, Silleda e Forcarei.
-
- o alcalde de Lalín, Xosé Crespo dá o visto bo a construción Clube Deportivo de Lalín.
- 2003, os palangreiros de Muxía recollen chapapote no primeiro día de pesca autorizada.
- 2004, o xulgado de Sarria contará cun xuíz máis para axilizalos expedientes, algúns deles son plans de encanamento do río coa finalidade de desbloquear o desenrolo da vila.
- 2005, o PSOE de Barbanza acusa ao conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo de non levar a cabo a construción da autoestrada do Barbanza.
25 de marzo (ver • editar)
- 1655, Christiaan Huygens descobre Titán, satélite de Saturno.
- 1821, Grecia proclama a súa independencia.
- 1881, nace Bela Bartok, compositor húngaro.
- 1957, asínase o Tratado de Roma.
- 1990, morre Ricardo Carvalho Calero, filólogo e escritor galego.
26 de marzo (ver • editar)
- 1827, morre Ludwig van Beethoven, compositor alemán (n. 1770).
- 1871, establécese formalmente a Comuna de París.
- 1911, nace Tennessee Williams, dramaturgo estadounidense (m. 1983).
- 1923, morre Sarah Bernhardt, actriz francesa (n. 1844).
- 1945, na Segunda Guerra Mundial os aliados capturan a Iwo Jima.
- 1953, Jonas Salk anuncia a súa vacina contra a poliomielite.
27 de marzo (ver • editar)
- 1892, morre Walt Whitman, poeta estadounidense.
- 1923, morre Sarah Bernhardt, actriz francesa.
- 1955, nace Mariano Rajoy, político español, vicepresidente primeiro, ministro do Interior e secretario xeral do Partido Popular na oposición.
- 1963, nace Quentin Tarantino, actor e director de cine estadounidense.
- 1977, dous Boeing 747 colisionan no aeroporto de Los Rodeos, en Tenerife. 583 persoas morreron no maior accidente da historia da aviación.
Hoxe é o Día mundial do Teatro
28 de marzo (ver • editar)
- 1845, estréase en Madrid, a obra teatral Don Juan Tenorio de José Zorrilla.
- 1939, O xeneral Francisco Franco conquista Madrid, dando remate á Guerra Civil Española.
- 1942, morre en prisión Miguel Hernández, poeta español (n. 1910)
- 1964, un tremor e posterior tsunami matan en Alaska a 125 persoas e causan uns 311 millóns de dólares en danos materiais.
- 1966, morre Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego (n. 1878)
- 1979, prodúcese un accidente nuclear en Three Mile Island (a Illa das Tres Millas) en Pensilvania (Estados Unidos).
29 de marzo (ver • editar)
- 1943, nacen John Major, primeiro ministro do Reino Unido, e Vangelis, músico grego.
- 1973, os derradeiros soldados norteamericanos retíranse do Vietnam do Sur (Guerra do Vietnam).
- 1974, A sonda espacial Mariner 10 da NASA é a primeira en sobrevoar Mercurio; fora lanzada o 3 de novembro de 1973.
- 1998, inaugúrase a ponte Vasco da Gama, sobre o río Texo.
- 1994, morre Eugène Ionesco, dramaturgo franco-romeno (n. 1912).
30 de marzo (ver • editar)
- 1746, nace Francisco José de Goya y Lucientes, pintor español (m. 1828).
- 1853, nace Vincent van Gogh, pintor holandés (m. 1890).
- 1950, morre Léon Blum, primeiro ministro francés (n. 1872).
- 1986, morre James Cagney, actor estadounidense (n. 1899).
31 de marzo (ver • editar)
- 1596, nace René Descartes, filósofo francés.
- 1889, inaugúrase a Torre Eiffel en París.
- 1890, Arthur Evans descobre a primeira táboa de arxila co sistema de escritura Lineal B, unha forma antiga da lingua grega.
- 1991, disólvese o Pacto de Varsovia.